A Avogacía do Estado desbota a rebelión e impútalle aos líderes do procés sedición e malversación

Acusa os líderes do independentismo de sedición e malversación.

lazos amarelos

A Avogacía do Estado xa presentou o seu escrito de acusación contra os líderes do proceso independentista en Catalunya. Este organismo vencellado ao Ministerio de Xustiza considéraos responsábeis de delitos de sedición e malversación, non de rebelión, e pide para eles penas de cárcere de até 12 anos.

Concretamente, as penas que demanda a Avogacía do Estado son:


Oriol Junqueras: 12 anos de prisión


Jordi Turull, Raül Romeva, Joaquim Forn, Dolors Bassa e Josep Rull: 11 anos


Carme Forcadell: 10 anos


Jordi Sànchez e Jordi Cuixart: 8 anos.

Meritxell Borràs, Carles Mundó e Santi Vila: 7 anos


Multas para Mireya Boya (CUP) e os membros da Mesa do Parlament.

Comentarios