luns 28/09/20
O candidato do MAS lidera as sondaxes en Bolivia

As autoridade golpistas impiden presentarse a Morales

As eleccións xa tiveron que ser pospostas en dúas ocasións debido á situación sanitaria derivada da Covid-19. En todo caso, as condicións as marca o Goberno de Jeannine Añez, que se converteu enn presidenta após un golpe de Estado contra Morales.
O ex presidente de Bolivia, Evo Morales. (Foto: Claudio Santisteban / Zuma Press)
O ex presidente de Bolivia, Evo Morales. (Foto: Claudio Santisteban / Zuma Press)

As dúbidas presiden o proceso electoral en Bolivia. A 35 días da cita coas urnas, pospostas en dúas ocasións nos últimos meses como consecuencia do coronavirus, semella claro que o futuro do país se vai resolver conforme ás condición impostas polo Goberno de Jeannine Añez, nomeada presidenta após promover un golpe de Estado contra o Executivo de Evo Morales, actualmente exiliado na Arxentina.

Precisamente, as autoridades bolivianas anularon a pasada semana a candidatura de Morales ao Senado, nunha polémica decisión que se enmarca na persecución da que é vítima o anterior mandatario.

O Movemento ao Socialismo (MAS), formación fundada e liderada por Morales, continúa como a forza con máis apoios entre o electorado. Segundo a totalidade das enquisas publicadas nas últimas semanas, o MAS encabeza os prognósticos e só fica por saber se vai conseguir a porcentaxe de votos suficiente para colocar na presidencia o seu candidato, Luis Arce Catacora.

Ex ministro de Economía de Morales, Arce supera nos estudos de opinión 40% dos sufraxios e está moi próximo a marcar 10 puntos de vantaxe contra o seguinte candidato, o antigo presidente, Carlos Mesa.

O resto das forzas da dereita xa teñen anunciado o apoio a Mesa no caso de que consiga pasar á segunda volta.

Neste sentido, téñense manifestado as formacións de Jeannine Añez, de Luís Fernando Camacho e outros candidatos sen posibilidades, como Tuto Quiroga e Chi Hyung Chun.

Ao tempo, nas filas do MAS e das organizacións populares existen dúbidas respecto da vontade da dereita económica, militar e política a aceptar a vitoria de Luis Arce, así como da limpeza dun proceso visado polas autoridades xurdidas após o golpe de Estado.

comentarios