mércores 19/01/22

A autopsia confirma o suicidio como causa da morte de Miguel Blesa

Esta quinta feira, un día despois da morte do expresidente de Caja Madrid, os resultados da autopsia confirman o suicidio como causa do falecimento. Segundo o informe, Miguel Blesa, disparouse cun rifle de caza maior no tórax. As feridas que presentaba o cadáver son compatíbeis con esta hipótese.

Miguel Blesa

O corpo de Blesa apareceu sen vida nunha finca de caza á que viaxara para participar nunha cazaría e foi atopado ás 8:40 da mañá da pasada cuarta feira, despois de que os servizos de emerxencia recibisen unha chamada dun dos traballadores da finca 50 minutos antes. Segundo os resultados da autopsia todo apunta a que Miguel Blesa puido apoiar a culata no chan e poñer contra o seu peito a boca do canón.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Peñarroya-Pueblonuevo, o que se encarrega da investigación, recebeu o informe da autopsia en que se confirma que estaríamos perante unha morte "por autolesión por arma de fogo", segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A autopsia confirma o suicidio como causa da morte de Miguel Blesa
comentarios