Autodeterminación, un dereito de actualidade

O dereito de autodeterminación é unha reivindicación de plena actualidade. Numerosos pobos e nacións, en todos os continentes, aspiran a exercer este dereito básico recoñecido na Carta de Dereitos das Nacións Unidas, para poderen decidir sobre a súa soberanía. No Sermos Galiza 238 publicamos unha ampla reportaxe sobre este tema.

O mapa mundial fica lonxe de estar concluído. As fronteiras son divisorias que responden á dinámica histórica. Na actualidade, son numerosos os territorios que reclaman exercer o seu dereito á libre autodeterminación, como medio para conquistaren a súa soberanía política e a exercer, nos máis dos casos, a través da creación de novos Estados independentes.

Europa é o continente no que se concentra unha maior cantidade de movementos soberanistas que exixen que se recoñeza o dereito das súas respeitivas nacións a decidiren por si propias a súa inserción no mundo. O Estado español é un exemplo paradoxal de como o actual mapa dos Estados en Europa non se corresponde coa realidade dos pobos e nacións.

procés soberanista en marcha en Catalunya, co obxectivo nítido de atinxir a plena independencia, ou a existencia de relevantes forzas soberanistas en Euskal Herria e Galiza, visan a caducidade do deseño unitario do Estado español. A isto hai que engadir tamén os movementos soberanistas nas Canarias e Andalucía.

Fóra do Estado español, dúas grandes potencias coloniais, como Francia e O Reino Unido, enfrontan tamén importantes reivindicacións autodeterministas. O caso máis significativo, polo avanzo conquirido nos últimos anos polo nacionalismo, é o de Escocia, mais hai que engadir tamén o reclamo soberanista en Gales, na Bretaña, ou o histórico arredismo corso. A descolonización incompleta en América Latina fai que territorios como Aruba, Curaçao e Sint Marteen formen inda parte do reino dos Países Baixos.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 238, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios