Australia estuda reservar escanos do seu Parlamento para as comunidades autóctonas

Hai 670.000 persoas ‘indíxenas’, o 3% da poboación. O goberno baralla adiar a 2017 o referendo sobre o recoñecemento deses pobos na Constitución.

aborixes australia
photo_camera aborixes australia

En Australia hai 670.000 persoas ‘indíxenas’ segundo o censo da Oficina Australiana de Estatística: 600.000 son aborixes australiáns e uns 40.000 ‘isleños’ do estreito de Torres e 26.000 compartan ambas as súas identidades. Suman apenas o 3% do total de persoas que viven en Australia, 22 millóns de habitantes. O goberno australiano baralla reservar unha serie de escanos do Parlamento para representantes destas comunidades. Unha idea expresada polo ministro Nigel Scullion, que puxo como exemplo que algo así acontece en Nova Zelanda.

Aliás, o goberno conservador está a estudar adiar a 2017 o referendo sobre o recoñecemento constitucional dos pobos indíxenas de Australia, e que tiñan que ser feito xa en 2013. O executivo defende o retraso dicindo que na actualidade non hai moito apoio social a ese recoñecemento.

Mais desde a campaña ‘Recognise’ insisten en que hai que actuar canto antes. Lermbran que na Constitución aínda hai disposicións (se ben non se empregan) que xustificarían mesmo tirar o dereito de voto aos e ás indíxenas.

Marxinación

Aborixese pobos indíxenas de Australia sofren "patróns de opresión e racismo, que inclúen a desposesión de terras e os embates contra a súa cultura", según o relator especial da ONU, James Anaya.

Comentarios