venres 28.02.2020
Acúsaos de terrorismo

A Audiencia Nacional envía a prisión os sete membros dos CDR

A Audiencia Nacional vén de decretar presión sen fianza para os sete membros do CDR (Comités para a Defensa da República) detidos a pasada segunda feira após seren interrogados esta quinta feira polo tribunal.

[Imaxe: NacioDigital] Protesta contra as detencións
[Imaxe: NacioDigital] Protesta contra as detencións

O xuíz da Audiencia Nacional española Manuel García Castellón ditou prisión incondicional para os sete independentistas detidos a pasada segunda feira en varios puntos de Catalunya. Así o recolle a prensa española, que difundiu a información mesmo antes de seren informados os avogados dos afectados.

O fiscal acusa os detidos, que declararon na mañá desta quinta feira por separado, de terrorismo e de tenza ilícita de explosivos. O caso permanece baixo secreto de sumario.

As detencións provocaron a reacción vía redes sociais de Carles Puigdemont e de Quim Torra.

comentarios