Atentados de extrema dereita aumentaron en 320%

Europa occidental, América do Norte e Oceanía son os principais escenarios do terrorismo de ultra dereita.

policia alemaña tiroteo

Os atentados de extrema dereita aumentaron en 320% nos últimos anos, uns atentados que incrementaron especialmente en zonas como EUA, Europa Occidental e Oceanía. Así o indica o secretario xeral da Interpol nunha entrevista no Washington Post, onde advirte que moitos destes casos, "as redes sociais empregáronse como unha especie de incubadora ", di Jürgen Stock.

Stock, alemán, non ten dúbidas sobre "o o pano de fundo xenófobo e da extrema dereita" nos ataques de Hanau e asegura que o seguinte paso será comprender "se hai unha rede nacional ou internacional implicada" na preparación do ataque, xa que o autor pasou completamente desapercibido no radar da policía. Para o secretario xeral da Interpol, o que fai falta é que todo o mundo se dea conta de que "isto é terrorismo”.

Jürgen Stock argumenta que a metodoloxía de colaboración entre estados  que se aplicou en relación con outros terrorismos como o Estado Islámico debe aplicarse ao terrorismo de extrema dereita

Comentarios