Atentados do Daesh en Iemen e no Iraq deixan máis de 50 falecidos

O Daesh –Estado Islámico- deixou máis de 50 persoas mortas na sexta feira en atentados perpetrados en Iemen –un triplo ataque- e en Bagdad (Iraq).

Cando menos 26 persoas morreron e decenas resultaron feridas por mor dun triplo atentado suicida que tivo lugar na sexta feira na cidade de Adén, no sur de Iemen. O atentado foi reivindicado polo Daesh –Estado Islámico-.

O mesmo grupo terrorista reivindicou o atentado suicida da sexta feira nun estadio de fútbol ao sur de Bagdad. Neste ataque faleceron 30 persoas e 95 resultaron feridas. O ataque tivo lugar na entrega do trofeo ao equipo gañador, cando o suicida se inmolou entre a multitude.

comentarios