6 mortos nunha mesquita após Ottawa se desvincular do veto a Trump

Atentado terrorista contra musulmáns no Quebec 

Un ataque a unha mesquita na cidade de Quebec este domingo saldouse con 6 vítimas mortais. O primeiro ministro canadiano cualificouno de "ataque terrorista". Prodúcese despois de Ottawa se desvincular do veto a Trump á entrada no país de nacionais de sete estados de maioría musulmá.

mosque
photo_camera A imprensa, no exterior face o centro cultural islámico da cidade de Quebec.

Tres pistoleiros acabaron coa vida de seis fieis musulmáns nun tiroteo no Centro Cultural Islámico, na cidade de Quebec. O atentado tivo lugar durante os rezos vespertinos deste domingo. Na mesquita nese momento había por volta de 50 persoas. Dous dos sospeitosos foron arrestados e o terceiro continúa fuxido. 

Segundo testemuñas, un dos asaltantes portaba un fusil de asalto AK-47.

O ataque prodúcese poucas horas despois de que o primeiro ministro canadiano, Justin Trudeau, anunciase que Canadá non vai secundar o veto de Trump e que continuaría a receber nacionais dos países musulmáns.

"Condenamos este ataque terrorista contra musulmáns nun centro de culto e refuxio. A diversidade é a nosa fortaleza e a tolerancia relixiosa é un valor que nós, como canadianos, abrazamos", dixo Trudeau.

Comentarios