Ataques en Francia contra mezquitas e locais árabes

Nas últimas horas estoupa unha bomba nun kebab e houbo granadas de fogueo e disparos contra edificios relixiosos musulmáns.

Dous centros relixiosos e un kebab foron atacados en Francia nas últimas horas a raíz do asasinato de 12 persoas no atentado contra a revista satírica ‘Charlie Hebdo’. Descoñecidos guindaron tres granadas de fogeo contra unha mezquita en Le Mans, para alén de realizar disparos contra as xanelas.

En Port-la-Nouvelle, perto de Narbonne, efectuáronse disparos contra un centro de oración musulmá que se atopaba baleiro pouco despois do último rezo do día. En Villafranche-sur-Saone, houbo unha explosión nun local de kebab. O fiscal falou de "acto criminal".

Comentarios