Atacan por segunda vez en menos de dúas semanas a tumba de Karl Marx

“Os vándalos regresaron ao monumento de Marx no cemiterio de Highgate. Parvos. Ignorantes”, denuncian na rede de Twitter a asociación que xestiona este camposanto londinense.

memorial marx tumba @highgatecemetre
photo_camera @highgatecemeter

A primeira vez a martelazos e nesta segunda con pintura vermella. O memorial de Karl Marx (1818-1883) volveu ser atacado, dúas veces en menos de dúas semanas. A tumba no cemiterio de Highgate no norte de Londres foi obxecto dun novo ataque vandálico, denunciou nas redes sociais a asociación que se encarga de coidar e xestionar este camposanto londinense.

Descoñecidos luxaron con pintura vermella o memorial, onde escribiron "Memorial do holocausto bolxevique 1917-1053, 66.000.000 mortos" e 'Arquitecto do xenocidio terror e opresión asasinato en masa". A parte máis antigua e fráxil do monumento, unha placa de mármore cos nomes das persoas enterradas alí, foi atacada de novo, golpeada cun obxecto contundente, como xa acontecera o pasado 4 de febreiro.

"Os vándalos regresaron ao monumento de Marx no cemiterio de Highgate. Insensato, Parco, Ignorante. Opine o que sexa sobre o legado de Marx mais non é este o xeito de impoñer o seu punto de vista", escribiron na rede social desde a conta do Highgate Cemetery.

Comentarios