Asasinado nun atentado Alexander Zajarchenko, presidente da República de Donetsk

Líderes do independentismo e Moscova sospeitan que detrás do atentado está Kiev.

Alexander Zajarchenko, donetsk
photo_camera Alexander Zajarchenko

Alexander Zajarchenko, dirixente da República popular de Donetsk, faleceu nun atentado que tivo lugar na cidade de Donetsk e no que 11 persoas máis resultaron feridas, 6 delas de gravidade e entre as que está o ministro de Finanzas, Alexander Timofeiev.

 

O estoupido tivo lugar nunha cafetaría no centro da cidade e as forzas de seguridade xa detiveron varias persoas para ser interrogadas pola súa posíbel relación con este atentado.

O presidente do Consello Popular da República, Denis Pushilin, afirmou que o atentado foi organizado polo "goberno fascista de Kiev". "É unha nova agresión por parte de Ucraína", declarou Pushilin.
 

Moscova igualmente considera o ocurrido un atentado. María Zajárova, portavoz do Ministerio de Exteriores, afirmou que "existen todos os motivos para supoñer que detrás do asasinato está o rexime de Kiev, que xa noutras ocasións empregara este tipo de métodos para eliminar disidentes".

Desde o Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU) apresuráronse a negar calquera relación co atentado.

Comentarios