Asasinado un mozo palestiniano en Cisxordania por soldados israelitas

O exército disparou contra Mohammad al-Kosba, de 17 anos, após lanzar pedras contra un vehículo militar.

israel palestina

O asasinato produciuse nos arredores da localidade cisxordana de Al-Ramm, ao norleste de Xerusalén, segundo informou o diario israelita Haaretz. 

Os acontecementos decorreron no marco do terceiro venres de Ramadán cando un milleiro de persoas palestinianas tentaban acceder á cidade . De acordo cos dados difundidos polas Forzas Armadas israelidas (IDF) un grupo comezou a tirar pedras contra un vehículo militar, prexudicando o parabrisas. O comandante ordenou responder con disparos ferindo a Mohammad al-Kosba, de 17 anos que faleceu horas máis tardes pola gravidade das feridas. 

Así mesmo, a última hora de onte por volta de 11 persoas foron feridas logo dunha outra agresión do exército israelita contra unha mobilización que rendía homenaxe a Mohammed Abu Khdeir, secuestrado e queimado vivo por tres colonos. 

Comentarios