Asasinada unha muller de 24 anos e o seu compañeiro nun novo caso de violencia machista

No que vai de ano suman xa 37 os asasinatos machistas no conxunto do Estado español, 5 deles en Galiza. O último caso aconteceu esta segunda feira en Madrid. 

Un novo asasinato machista no Estado español, o terceiro en menos de dúas semanas após seren asasinadas dúas mulleres en Foz e A Coruña. Nesta ocasión, o home asasinou á súa ex-compañeira, de 24 anos, e a actual parella desta, no barrio de Villarejo de Salvanés (Madrid). 

Ambas as dúas persoas foron degoladas cunha arma branca. 

Con este novo asasinato suman xa 37 os casos de violencia machista no conxunto do Estado español en 5 meses. 

Comentarios