As pexas legais poderían deixar sen dereito ao voto 90 millóns de persoas nos EUA

A obriga de presentar un cartón de identidade con foto e emitido polo goberno aderezada coa "desconfianza" que a cidadanía mantén cara a Mitt Romney e Barack Obama e cara ao ton negativo adoptado nas mensaxes de campaña causarán unha importante abstención. Os datos pertencen ao Centro de estudos americanos

Até os 90 millóns de persoas calcula o Centro de estudos electorais americanos que sobe a cifra de persoas inmigrantes que non poderán exercer o seu dereito ao voto nas eleccións presidenciais do 9 de novembro nos EUA por pexas legais.

Así, a reforma da lei electoral para a tornar máis restritiva fai que "a grande incógnita será saber cantos votarán" dos 23,7 millóns de inmigrantes dos países latinos que poden votar.

O sufraxio latino representa o 11% do total do electorado e será decisivo en nove estados, onde suman 101 papeletas das 270 que cómpren para chegar á Casa Branca.

De acordo cos datos do Centro, ao redor do 11% da cidadanía estadounidense non posúe un cartón para se identificar con foto e que fose emitido polo goberno. A maior parte del@s son persoas idosas, mocidade que non tivo acceso á universidade, afectad@s pola pobreza e inmigrantes de países de América do Sur. Con todo, hai máis restricións impostas pola nova lei, tales como purgas a grande escala no censo electoral en polo menos 16 estados despois de que fosen adoptadas as leis que exixen máis documentación para 'probar a cidadanía'.

Para alén das pexas legais, Curtis Gans, director desta organización que non está vinculada a ningún partido, sinalou que a "desconfianza" será outra das cuestións que manteña a poboación lonxe das urnas. Ao fío, explicou que "hai falta de educación sobre o proceso electoral, sobre o ton negativo das campañas e das súas mensaxes, as mesmas promesas que non se cumpren... e un longo etcétera".

Comentarios