Arxentina propón un imposto ás grandes fortunas na loita contra a COVID-19

A medida tomaríase pola baixada da recadación de case 29% debido á crise sanitaria e incluiría taxas a bancos e compañías de seguros.

Reunión de Alberto Fernández, acompañado de Martín Guzmán, con Máximo Kirchner e Carlos Heller (Nós Diario)
photo_camera Reunión de Alberto Fernández, acompañado de Martín Guzmán, con Máximo Kirchner e Carlos Heller (Nós Diario)

O Goberno arxentino, presidido por Alberto Fernández, estuda aplicar unha taxa ás grandes fortunas do seu país para recuperar a baixada da recadación de 29% como consecuencia da emerxencia sanitaria.

O propio presidente arxentino salienta na súa conta de Twitter que esta medida sería “unha ferramenta útil para afrontar a loita contra o coronavirus e as dificultades do presente coa solidariedade dos que máis teñen". A mensaxe vai acompañada dunha fotografía da reunión que mantivo, xunto ao ministro de Economía, Martín Guzmán, co xefe da coalición gobernante Fronte de Todos, Máximo Kirchner, e o presidente do Partido Solidario, Carlos Heller, quen lidera tamén a Comisión de Orzamentos do Congreso das Deputadas e Deputados.

A intención do Goberno arxentino é, segundo explica a axencia nacional de noticias ' Telam', presentar esta sexta feira 17 de abril ante a comisión de Orzamentos e Facenda este proxecto co que cargar de maiores impostos ás grandes fortunas do país, tanto físicas como xurídicas así como aos grandes grupos económicos, bancos, compañías de seguros e grandes  terratenentes.

Comentarios