ORIENTE MEDIO

A Arabia Saudita, o rostro islámico do imperialismo

Desde mediados do século XX, A Arabia Saudita é un dos principais parceiros dos EUA no Oriente Medio. Na rexión compite polo liderado face ao seu rival histórico, o Irán, o que fundamenta a súa asociación tácita con Israel.  Escribimos sobre este país no Sermos Galiza 252. Eis un extracto.

salman_the corsair

A Arabia Saudita gañou protagonismo nas últimas semanas por causa do bloqueo que impuxo, canda varios países veciños e parceiros, contra o Catar. No entanto, é unha potencia rexional desde a segunda metade do século XX, en grande medida grazas ao seu papel de aliado privilexiado dos EUA e pola súa activa complicidade nas políticas imperialistas no Oriente Medio e no mundo. O seu histórico confronto co Irán, con quen compite por ser a potencia hexemónica na rexión, acabou por aliñala con Israel. A xeoestratexia logrou que un dos principais polos do mundo islámico se teña gañado o título de rostro musulmán do imperialismo.

4A Arabia Saudita, con 29 millóns de habitantes, é o único país musulmán no que nunca se realizaron eleccións e susténtase no poder omnímodo da Casa Al-Saud, sob un réxime de monarquía absoluta carente de liberdades políticas e dereitos civís e que se configura como teocracia islámica (wahabismo sunita). Así o confirma que a súa “Constitución” sexan a Sunna, o código de comportamento islámico, e mais o Coran, e que unicamente estea arbitrada por unha Lei Básica aprobada por decreto real en 1992 que fixa como único límite do poder real a sharia (lei islámica)

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 252, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios