domingo 12.07.2020

Após rachar as conversas co comité de empresa, haberá un ERE en TV3 que atinxirá 312 [email protected]

Corte grave no emprego nos meios de titularidade pública de Catalunya. Após rachar as conversas co comité de empresa, a Corporación Catalá de Meios Audiovisuais anuncia un ERE que atinxirá 312 traballadoras e traballadores.

Non só se reducirá emprego: tamén haberá unha rebaixa salarial, na contorna do 7,5 %. A empresa tenciona reducir o orzamento nun 17 por cento. A parte do león da factura correrá por conta do cuadro de persoal.

A Corporación anuncia aínda cortes nos salarios dos directivos, mas non os concretiza.

Os executivos da CCMA embolsan arredor de 10 millóns de euros ao ano, segundo dados da propria compañía. Fontes sindicais elevan a cifra aos 20 millóns de euros, se se computar as percepcións de directivos non suxeitos a convenio.

Após rachar as conversas co comité de empresa, haberá un ERE en TV3 que atinxirá 312...
comentarios