Após unha noite de ataques, Tel Aviv di que a ofensiva contra Gaza se intensificará

Durante a madrugada do 9 de xullo Israel golpeou a poboación gazatí en 160 ocasións. As persoas mortas suman xa 28.

Latuff
photo_camera [Carlos Latuff]

O exército israelí advertiu após unha longa noite de ofensiva que os ataques contra a Faixa de Gaza se intensificarán.

No marco da operación denominada 'Bordo Protector' o ministro de Defensa anunciou que "proseguirá". Pola súa banda, din, "non será unha batalla curta" senón que continuarán, afirmou Moshe Yaalon, "golpeando duro a Hamas e outros grupos terroristas". 

No que vai de ofensiva foron asasinadas 28 persoas, segundo apuntan fontes médicas palestinianas, nove delas nesta última xornada. @s ferid@s ascenden a varios centos. Desde os territorios palestnos contra-atacaron co lanzamento de 45 cohetes dirixidos cara ao centro e sur de Israel sen se produciren vítimas. 

O presidente israelí, Benjamin Netanyahu xa advertira nos últimos días que o seu exército debía estar "listo" para unha "longa e dura" operación contra Gaza. 

Comentarios