Anuncian a creación dunha máscara que elimina o coronavirus en minutos

É a primeira protección probada cientificamente capaz de neutralizar o virus.

Máscaras cirúrxicas (Foto: Europa Press).
photo_camera (Europa Press)

Un equipo de científicos da Universidade de Toronto deu luz verde á primeira máscara que elimina as partículas de coronavirus que a penetran. É un produto desenvolvido pola compañía canadense i3 BioMedical Inc., que segundo estudos desactiva 99% do coronavirus en poucos minutos.

Segundo un estudo publicado no ‘American Journal of Infection Control’, a xente toca a cara unha media de 23 veces por hora mentres o coronavirus é capaz de permanecer na parte exterior da máscara durante sete días, segundo outro estudo en The Lancet .

Isto fai que sexa moi importante poder destruír as partículas de coronavirus que se depositan para evitar o contaxio por contacto coa máscara.

A máscara cirúrxica ‘TrioMed Active Mask tipo IIR’, explican os promotores, incorpora tecnoloxía TrioMed e proporciona un nivel avanzado de protección activa para os traballadores sanitarios e a poboación en xeral grazas á tecnoloxía antimicrobiana.

Comentarios