Anulan a condena aos 24 saharuís de Gdeim Izik

Marrocos reprtirá o xuízo nun tribunal civil. 

GdeimIzizk
photo_camera Imaxe dunha das mobilizacións en Gdeim Izizk en outubro de 2010

O 27 de xullo de 2016 o Tribunal de Casación de Rabat anulou as condenas das 24 persoas xulgadas no proceso de Gdeim Izik e ordenou a repetición do xuízo o que supón a cancelación das condenas ditadas en 2013 por unha corte militar. 

As autoridades marroquís aceptaron a decisión e avanzaron que repetirán o xulgamento, desta volta nun tribunal civil

No concreto, as penas oscilaban entre 20 anos e cadea perpetua, entre elas o activista político Hassanna Aalia, con quen Sermos Galiza puido falar en 2015. As autoridades marroquís aceptaron a decisión e avanzaron que repetirán o xulgamento, desta volta nun tribunal civil, o Tribunal de Apelación de Rabat. 

O caso remóntase ao ano 2010 no marco dunha protesta desenvolvida perto da cidade do Aiún onde centos de activistas saharuís ergueron un campamento (Gdeim Izik) para reclamar o dereito de autodeterminación do seu pobo e o fin da ocupación por parte de Marrocos. O goberno marroquí ordenou o seu despexo e na intervención foron asasinadas por volta de 13 civís saharauís. Posteriormente 24 persoas foron acusadas da morte de integrantes das forzas de seguridade. 

Embora seren xulgados nesa altura, en 2013 foron de novo procesados por un tribunal militar, cuestión denunciada internacionalmente por supor unha ilegalidade --un mesmo caso non pode ser xulgado de maneira dupla. Aliás, organizacións non gobernamentais como Human Watch Rights denunciou que non se tivese comprobado se os testemuños obtidos polas autoridades marroquís foron baixo tortura, como denuncian as persoas presas. 

Comentarios