domingo 25/10/20

Anticorrupción, en contra de investigar Pablo Iglesias

A Fiscalía Anticorrupción da Audiencia Nacional emitiu unha nota contraria a que o Supremo investigue o vicepresidente Pablo Iglesias. 
O vicepresidente segundo do Goberno español, Pablo Iglesias (Foto: Óscar Cañas / Europa Press)
O vicepresidente segundo do Goberno español, Pablo Iglesias (Foto: Óscar Cañas / Europa Press)

A Fiscalía Anticorrupción da Audiencia Nacional (AN) emitiu unha nota interna situándose en contra de que o Tribunal Supremo investigue o vicepresidente segundo español e líder de Podemos, Pablo Iglesias, en relación á peza Dina de causa Tándem.

O xuíz da Audiencia Nacional García-Castellón solicitou da pasada semana ao Supremo a imputación de Iglesias na peza Dina, sobre o roubo do móbil a unha ex asesora do líder de Unidas Podemos nun caso de espionaxe política relacionado co ex comisario Villarejo. En Unidas Podemos non deron crédito ao querer investigar a vítima, Pablo Iglesias.

Na nota de Anticorrupción, a Fiscalía non coincide co sostido polo maxistrado García-Castellón e reitera que a revelación de secretos que imputa a Iglesias decae logo da carta remitida ao propio Castellón na que a presunta agravada e ex asesora de Iglesias, Dina Bousselham, exculpaba o líder de Podemos do ocorrido coa tarxeta do seu teléfono móbil.

Anticorrupción incide en que non se pode acreditar que esa tarxeta móbil sufrira danos distintos aos que padeceu ao remitila a unha empresa para tratar de recuperala. 

comentarios