Anticorrupción descobre pagos por 1,2 millóns de euros do Borbón á Urdangarín e a infanta

As operacións datan do ano 2004. Desde a Zarzuela arguméntase que é un empréstito persoal para que comprasen o palacete de Pedralbes

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
photo_camera O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina

A Fiscalía Anticorrupción detectou importantes ingresos de cartos desde as contas do Rei de España a un depósito bancario conxunto da súa filla Cristina e o seu xenro Iñaki Urdangarin. Segundo a Axencia Tributaria, estas operacións datan do 2004, e así o fai constar nun informe que a axencia achega ao sumario do caso Nóos.

O Borbón tería feito dúas transferencias bancarias, cada unha delas por 600.000 euros. Un voceiro da Casa do Rei, en declaracións á axencia AFE, sinalou que a transferencia de 1,2 millóns de euros foi desde a conta persoal do Rei, e foi un empréstito para que a súa filla puidese mercar o palacete de Pedralbes, onde vive con Urdangarín.

A operación, apunta, foi rexistrada ante notario e declarada a Facenda pola infanta

Comentarios