Desde o ano 2000 Israel matou 1.400 crianzas palestinas e detivo a 8.000

Ismail, Mohamed, Zwkaria e Ahed, entre 9 e 11 anos, morreron bombardeados desde unha lancha de guerra israelí cando estaban a xogar ao fútbol nunha praia de Gaza. Catro números máis a engadir á longa listaxe de menores asasinados polo exército e forzas de seguridade de Israel.

palestinaaa

Desde o ano 2000 e ata o inicio da actual ofensica de Israel sobre Gaza, o exército israelí matou máis de 1.400 menores palestinos e feriu máis de 6.000. A cifra, do GMC (Movemento Mundial da Infancia) vén reforzar a denuncia feita polo relator especial da ONU para Palestina, que denuncia que Israel “viola sistematicamente” o dereito internacional, tamén nos aspectos relativos á infancia. 

Hai crianzas palestinas asasinadas dun tiro na cabeza por francotiradores israelís (Muhamed Saleh, 12 anos) ou de 2 anos mortas por disparos desde un tanque (Abed-Rabo)

GMC tamén asegura que desde o 2000 foron detidos máis de 8.000 menores de idade palestinos, unha cifra sen parangón en ningún outro Estado. Segundo a Asociación de Axuda a Prisioneiros PalestinosAl-Asi, desde 1967, máis de 25.000 nen@s teñen sido detid@s por Israel. O xornal L'Humanité, pola súa banda, cifraba nunha reportaxe de investigación en por volta de 700 menores palestinos os que “son detidos,interrogados, perseguidos polo sistema militar israelí” cada ano.

Torturas e abusos sexuais a menores palestin@s

A mediados do 2012, Gerard Horton, da Defensa de Nenos e Nenas Internacional (DNI), alertaba da “grave situación” dos menores que se atopan presos nas cadeas de Israel.

Horton afirmou que hai casos de tortura e abusos sexuais a menores palestin@s en cadeas de Israel. Unha acusación que ten sido apoiada por outros colectivos humanitarios mais que non tiveron repercusión internacional algunha. Menos aínda, unha investigación polas autoridades de Israel.

O responsábel desta ONG afirma que é habitual que o exército entre en vivendas para se levar detidos a nenos e nenas baixo a acusación de que guindaron pedras. Unha vez en prisión “obríganlles a asinar follas e follas de confesión sen que entendan o seu contido”.

De Muhamed a Ahed

De 2000 a 2014, máis de 1.400 nen@s asasinad@s polas forzas de seguridade e eéxrcito de Israel. Unha moi longa lista de nomes.Comeza con Muhamed Saleh, de 12 anos, ao que un soldado israelí matou dun tiro na cabeza no paso fronteirizo de Rafah. Finaliza, polo de agora, con Ismail, Mohamed, Zwkaria e Ahed, entre 9 e 11 anos, destrozados este 16 de xullo nunha praia de Gaza por bombas israelíes cando xogaban o fútebol. Pero hai moitos máis nomes, máis de 1.400. Como Muhamed Al-Aju, de 4 meses, morto en 2002 por disparos do exército israelí cando estaba no colo da súa nai.

Ou Amal Khaled Muhamad Abed-Rabo, 2 anos, de Beit Hanoun, Gaza, morta en 2009, coa súa irmá, por fogo de tanques da FDI após que a súa familia, con bandeiras brancas, abandonase a súa casa en Izbat Beit Hanoun para procurar agua.

Comentarios