Ankara detén 2 dirixentes e 9 deputados da esquerda pro-curda

O operativo policial contra o HDP, terceira forza no parlamento, decorreu en varias provincias turcas. 

HDP
photo_camera Mobilización pro-curda

Selahattin Demirtas e Figen Yüksekdac, copresidentes do HDP (Partido democrático dos pobos), e 9 deputados desta formación proc-urda foron detidos na noite desta quinta feira en diversos lugares de Turquía nun amplo despregamento policial. Ankara xustificou as detencións en que foran solitadas pola fiscalía pola negativo dos parlamentares a comparecer perante os xulgados no marco dunha investigación contra o “terrorismo do PKK”, a organización armada curda.

Desde o HDP xa se denunciou o que tenden que é unha operación de motivacións políticas impulsada polo presidente turco, Erdogan, contra a que é a terceira forza parlamentar e firme defensora dos dereitos nacionais do Curdistán. Esta operación engádese á que tivo lugar a mediados do outubro e na que se detivo 30 líderes rexionais do HDP.

Demirtas foi detido en Ankara e Yüksekdac nunha ciudade curda. A sede central do HDP foi rodeada e incomunicada. Organizacións defensoreas dos dereitos humanos denunciaron este novo operativo e pediron que se respecten os dereitos das persoas detidas.

O HDP posúe 59 deputados nunha asemblea de 550 e na que Erdogan posúe maioría absoluta. A esquerda pro-curda lembra que os parlamentares do HDP acumulan 510 procesos xudiciais, nunha dinámica de “hostigamento” para afogar esta organización.


 

Comentarios