Andrés Arauz, da esquerdista Unes, gaña as eleccións en Ecuador, que decidirá presidente en segunda volta

Co 95% dos votos escrutados falta por determinar quen competirá con Arauz, se o candidato da dereita Guillermo Lasso ou o 'indixenista' Yaku Pérez.
Andrés Arauz
photo_camera Andrés Arauz

Máis de 13 millóns de ecuatorianos foron habilitados para votar este domingo para elixir presidente e vicepresidente entre 16 candidaturads. O cálculo virtual de votos reais do Consello Nacional Electoral (CNE) daba esta noite conta do escrutinio do 92,99% de actas presidenciais.

Andrés  Arauz,  candidato da alianza esquerdista Unes (Unión pola Esperanza), enmarcada no ‘correísmo’ lideraba a votación co 32,34% dos votos; seguido por Guillermo Lasso, banqueiro da alianza de dereita Creo-PSC, co 19,62% e  Yaku Pérez, do movemento indíxena  Pachakutik, co 19,58%. 

O presidente de Ecuador será elixido en segunda volta o 11 de abril, debido a que ningún candidato obtivo máis do 40% de votos válidos e unha diferenza de polo menos 10 puntos. 

Unha das sorpresas da xornada foi Xavier  Hervas, empresario candidato pola Esquerda Democrática, quen atinxiu o 15,97% dos votos. 

A segunda volta do 11 de abril será cuestión de dous. Un deles, xa confirmado polos votos, vai ser Andrés Arauz. Falla por saber quen será o seu contendente, se Guillermo Lasso ou Yaku Pérez.

Arauz, economista, quiteño de 36 anos e por primeira vez candidato presidencial, ten unha carreira pública vinculada á chamada ‘Revolución Cidadá’ liderada polo  ex presdidente Rafael Correa (2007-2017). Foi ministro de Cultura e Patrimonio, ministro coordinador de Coñecemento e Talento Humano, entre outras funcións​.  

Yaku Pérez. Nado en  Cachipucura,  Azuay, en 1969, é Doutor en Xurisprudencia.  Foi presidente da Confederación de Pobos da Nacionalidade  Kichwa do Ecuador ( Ecuarunari), participa por primeira vez como candidato á Presidencia de Ecuador. En 1994 foi concelleiro de Cuenca e en 2019 Prefecto do  Azuay. Ecoloxista, representa a  Pachakutik. 

Guillermo Lasso, Guayaquileño de 65 anos, banqueiro moi próximo ao Opus Dei que participa por terceira vez como candidato á Presidencia de Ecuador. Lasso é o fundador do movemento Creo, de dereitas e conservador. Foi Gobernador do  Guayas e Superministro de Economía. 

Comentarios