Analizan os rexistros da caixa negra pertencente ao Airbus A320

Angela Merkel, Mariano Rajoy, Artur Mas e François Hollande desprazáronse até o lugar do sinistro onde os servizos de resgate procuran os restos mortais da pasaxe.

Unha hora despois de se detectar o accidente de avión que causou a morte de 150 persoas no sur da Franza --na rexión dos Alpes-- xa fora localizada a primeira caixa negra, correspondente cos rexistros de voces na cabina --segundo indicou á imprensa o ministro de Interior francés, Bernard Cazeneuve. O obxecto foi trasladado até a Oficina de Investigación e Análises. Do seu estudo prevense determinar as causas do sinistro. 

Até o lugar do accidente desprazáronse esta cuarta feira (25 de marzo) a presidenta alemá, Angela Merkel; o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, o presidente francés, François Hollande, e o president da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, quen se interesaron polas tarefas de resgate que se están a desenvolver na procura dos restos mortais da pasaxe: 150 persoas de nacionalidade alemá, francesa, turca e española. 

Os tres estados cooperarán na investigación que, polo de agora, está a ser instruída pola Fiscalía de Marsella. 

Comentarios