Ana Miranda denuncia no Curdistán o incremento da represión turca

A eurodeputada do BNG mantivo reunións con colectivos de defensa dos dereitos humanos.

Ana Miranda Kurdistán

Ana Miranda está no Curdistán no marco da Asemblea parlamentar conxunta Unión Europea – Turquía. Non é a primeira vez que a eurodeputada visita este territorio e denuncia a represión turca. Desde Diyarbakir, capital do Curdistán turco, Miranda lembra que o HDP e outras forzas políticas contan con miles de cargos, militantes e simpatizantes presos desde 2016 pois “Erdogan reprime, quere que calen e que non se movan”. Segundo sinala, “a situación empeorou considerablemente desde a miña primeira viaxe ao Curdistán, no 2016”.

Durante o día e medio transcorrido en Diyarbakir, Ana Miranda continuou coa rolda de reunións iniciadas en Estambul con representantes de colectivos e partidos defensores dos dereitos humanos. Neste sentido, mantivo un encontro co colectivo de mulleres curdas e co Congreso Social Democrático, e participou nun acto de honra a, Baris Elçisi, avogado de militantes curdos, no lugar onde foi asasinado.

Reuniuse ademais co avogado, o irmán e a muller do líder Selahattin Demirtas, líder do HDP encarcerado desde novembro de 2016. O Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo solicita a Turquía que o libere.


 

Comentarios