Análise

América Latina ante a decadencia imperial

Recuperar América Latina é unha cuestión de vida ou morte para o imperialismo estadounidense (Álex Rozados).
photo_camera Recuperar América Latina é unha cuestión de vida ou morte para o imperialismo estadounidense (Álex Rozados).

América Latina enfronta unha situación moi perigosa nos anos que se aveciñan. O imperio estadounidense é un tigre ferido de morte. Iso faino máis impredicíbel, agresivo e violento. Nos últimos 30 anos malgastaron os seus recursos en guerras inútiles para beneficio dunhas poucas compañías do complexo militar-industrial, mentres outras potencias investían en novas tecnoloxías. Por iso hoxe as empresas transnacionais estadounidenses non compiten nos mercados mundiais, véndose nunha desvantaxe fronte a empresas chinesas, rusas e doutras potencias emerxentes.

Ante esta decadencia, os Estados Unidos non poden competir mediante as regras do mercado e as normas do comercio internacional. Para recuperar mercados acoden a métodos sucios non-mercantís que violan as leis da orde internacional que eles mesmos impuxeron despois da Segunda Guerra Mundial, como as sancións, o boicot comercial, impedir o acceso aos capitais financeiros, a desvalorización da moeda para crear hiperinflación, etc.

A guerra en Ucraína é un bo exemplo, porque foi provocada polos Estados Unidos e a OTAN para sancionar Rusia, expulsar as empresas rusas dos mercados europeos e substituílos por empresas transnacionais estadounidenses. A recolonización económica de Europa por parte dos Estados Unidos é un feito consumado.  

Unha vez reconquistada Europa, cara a que rexión do mundo se dirixe o imperio?

A pregunta agora é: unha vez reconquistada Europa, cara a que rexión do mundo se dirixe o imperio? Que rexión do mundo será obxecto da próxima aventura imperial? A resposta a esa pregunta é crucial. É obvio que non van cara ao Medio Oriente logo de perder as guerras nesa rexión. Non van ir cara a Asia nin África logo de perder a guerra comercial coa China. Que queda? Recuperar América Latina. Nos últimos anos, China penetrou os mercados en América Latina desprazando os Estados Unidos como principal socio comercial de varios países latinoamericanos. Por exemplo, a pesar de que Chile é unha neo-colonia estadounidense desde o golpe de estado pinochetista impulsado polo imperio, o seu maior socio comercial é China. O mesmo para varios países latinoamericanos.

Os Estados Unidos, como imperio en decadencia, non poden deixar perder a única rexión que queda. Non poden quedar cos brazos cruzados mirando de lonxe, pasivamente, a perda da última rexión do mundo que queda onde exercen influencia. Hai apenas unas poucas semanas saíu un informe coa visión da Administración Biden para o futuro da xeopolítica imperial. Nese informe defínese América Latina como unha prioridade. Xa sabemos o que isto significa. O imperio en decadencia, se quere manter o seu status imperial, necesita desprazar a China para recuperar 
América Latina. 

Recuperar América Latina é unha cuestión de vida ou morte para o imperialismo estadounidense

Avecíñase unha nova escalada do imperio cara á rexión. Co triunfo de gobernos progresistas en varios países, a consolidación da revolución bolivariana e o regreso do MAS en Bolivia logo dun sanguento golpe de Estado, os Estados Unidos non poden darse o luxo de perder os mercados latinoamericanos. Recuperar América Latina é unha cuestión de vida ou morte para o imperialismo estadounidense. Por iso acudirán a xogar sucio mediante unha nova escalada de golpes de Estado, agresións militares, apoio a candidatos fascistas, asasinatos selectivos, etc.

Os pobos latinoamericanos teñen que preparase para defender a súa soberanía porque se xogan a vida fronte a esta nova agresión imperial. E Venezuela, como país antiimperialista, cos pozos de petróleo máis grandes do mundo, será obxecto dunha escalada na agresividade imperial.

O mesmo que Bolivia que, como país antiimperialista, conta coas minas de litio máis grandes do mundo. Ambos os gobernos serán obxecto de intentos de destrución imperial. Agora mesmo o imperio necesítaos polos altos custos de gas e petróleo, e aparentemente parecese que se eliminará a agresión imperial. 

Aquí non podemos cometer o erro de Khadaffi, que creu que entregándolle pozos petroleiros ás transnacionais europeas e estadounidenses o ían deixar vivir en paz. O imperialismo vai a por todo. Como dicía o Che, non se pode confiar no imperialismo. Non podemos caer na inxenuidade de pensar que o imperio se contentará cos pozos petroleiros que recentemente a Chevron obtivo nas negociacións entre os Estados Unidos e Venezuela.

O imperio tentará recuperar estes países antiimperialistas para reinstaurar a súa soberanía imperial sobre a riqueza mineira. E os gobernos progresistas, o imperio tentará facelos fracasar mediante a guerra sucia para que os fascistas volvan. É a hora dos pobos: loitamos ou morremos.

Comentarios