Altos funcionarios de finanzas da UE traballan xa coa hipótese de Chipre saír do euro

Segundo a axencia de noticias Reuters, altos funcionarios de Finanzas da Eurozona traballan xa sobre a hipótese de que Chipre saia da zona euro.

Viceministros de finanzas, altos funcionarios do Tesouro dos 17 Estados da zona euro e representantes do Banco Central Europeu e da Comisión mantiveron hoxe unha teleconferencia arredor da cuestión chipriota. Chipre non tomou parte nesta rolda de contactos telemática.

As fontes consultadas por Reuters apuntan a que se abordou o cenario do hipotético abandono de Chipre da zona euro.

A preocupación básica do Eurogrupo, na eventualidade de Chipre deixar a moeda única, é que non se produza un efeito contaxio que arrastre tamén a Grecia.

Comentarios