A alta participación marca o referendo de independencia do Curdistán Sul, 78%

Moitos colexios alargaron o seu horario de feche unha hora para permitir o voto perante unha afluencia masiva, destacan meios curdos.

Screen Shot 2017-09-25 at 19.35.52
photo_camera Un momento das votacións [Foto: R.T.]

78% de participación no referendo de independencia do Curdistán, unha votación que decorreu esta segunda feira nun ambiente festivo e reivindicativo. Os resultados non se coñecerán antes de 48 horas mais todo apunta a que a opción do Si á independencia será amplamente gañadora. O referendo foi acollido con hostilidade polos estados da contorna, de Iraq e Irán a Turquía. Só Israel recoñecerá os resultados e un Curdistán independente, nunha manobra máis dirixida a desestabilizar os seus ‘inimigos’ do que a respeitar o dereito a decidir do pobo kurdo.

A participación foi ampla, segundo reiteran os medios curdos. Estaban chamados a votar 5,3 millóns de persoas, das cales por volta de 1,9 millóns son de territorios en desputa con Bagdag. O Curdistán de Iraq ten goberno rexional e é unha zona autónoma. Dúas son as forzas políticas que se desputan o poder neste área, o UPK e o gobernante PDK.

Por volta de 136 equipos de observadores internacionais están rexistados para o referendo, entre eles, 2 políticos vascos: o senador Jon Iñarritu, de EH Bildu, e o responsábel da área de Relacións Exteriores do PNV, Mikel Burzako.

Comentarios