luns 25.05.2020
"Alerta ambiental"

"A Xunta aproveita o estado de alarma para aprobar proxectos industriais de grande impacto ambiental e social"

Adega, Greenpeace, Verdegaia, SLG ou ContraMINAcción, entre os máis de trinta colectivos e organizacións, asinan unha "alerta ambiental": “Os proxectos que se inclúen na orde da Xunta son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subsestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc”, explican.

"A Xunta aproveita o estado de alarma para aprobar proxectos industriais de grande impacto ambiental e social"

Máis dunha trintena de organizacións e colectivos subscrenen unha “alerta ambiental” coa que queren advertir e chamar a atención da cidadanía galega sobre as intencións da Xunta de “aprobar mil proxectos industriais controvertidos”.

A través dun manifesto, estes colectivos refírense ao Consello da Xunta do padado 30 de abril: “Aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma”.

Dese Consello, proseguen, sae unha orde que se publica no DOG deste 4 de maio, “para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industriais de grande impacto”. Un proceso que se está a facer cando a poboación está confinada , inciden,

Son proxectos “especialmente sensíbeis e controvertidos” que xeran “un gran rexeitamento social polo seu grande impacto ambiental, pero tamén social e económico". 

“Os proxectos que se inclúen na Orde son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subsestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc”, explican. 

Son proxectos “especialmente sensíbeis e controvertidos” que xeran “un gran rexeitamento social polo seu grande impacto ambiental, pero tamén social e económico".  

Intereses

Afirman que tras estes proxectos están "medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra e que actúan únicamente en beneficio propio sen ter en conta as persoas e as contornas afectadas.”

As asociacións e colectivos que apoian esta “alerta ambiental” indican que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 20203, polo que foi declarado o Estado de alarma, “estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos”. 

Afirman que tras estes proxectos están "medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra

Da mesma maneira, o Estado de alarma “impide que cidadanía galega poidamos reunirnos, organizar asambleas,  actos informativos, debater en grupos grandes físicos, movernos con total liberdade dentro do territorio...”.

"Extrema gravidade"

Cualifican de “gravidade extrema” que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos “que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a estas empresas privadas”.

Baixo estes elementos, conclúen, “non é admisíbel que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación”. Por iso reclaman que, atendendo ao Estado de alarma, “se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social”.

comentarios