ANáLISE

Alemaña nunca quixo que Grecia saíse da Eurozona

Publicamos a seguir unha análise sobre os termos reais nos que decorreu a negociación no Eurogrupo respecto a Grecia.

schauble
photo_camera W. Schauble, ministro de Finanzas alemán

As novas que van parecendo nos últimos días dobre os termos nos que se deu o debate no Eurogrupo respecto a Grecia, semellan desmentir a  hipótese que até o momento cobraba máis forza e que nos falaba dunha posición de Alemaña favorábel a saída do Estado helénico do euro. Non deixaba de sorprender esta tese, cando o eixo de toda a política Europea desde 2008 é garantir a unidade da Eurozona e particularmente porque a ruptura dun Estado co Euro implica gravísimos problemas para os países centrais, os grandes beneficiados da construción europea, e para o grande capital, nomeadamente aquel mais financieirizado. As declaracións de diversos dirixentes europeos, representantes empresariais e  tamén de reputados economistas heterodoxos dan a pensar que a teoría do “Grexit” inducido por Alemaña, non é máis cunha trécola que tenta reforzar o discurso europeísta na liña do euro ou o caos.

"A teoría do “Grexit” inducido por Alemaña, non é máis cunha trécola que tenta reforzar o discurso europeísta na liña do euro ou o caos"

As afirmacións lanzadas por Angela Merkel nunha entrevista concedida na xornada de onte a televisión publica do seu País onde indicaba que “Alemaña nunca pretendeu a saída de Grecia do Euro, pois  isto sumiría no caos a eurozona” non pasaría de mera anécdota ou da cabriola política, se non coincidira cos palabras de Mario Draghi, Presidente do BCE, do Presidente da patronal bancaria europea e xermánica,de Costas Lapavitsas ou de Vicent Navarro. Así o Presidente da patronal bancaria europea e xermánica fixo publica no mes de abril e volveu a reiterar no mes de xullo a negativa destes organismos a saída de Grecia do Euro porque “ Unha saída de Grecia da Eurozona provocaría unha crise bancaria dunha magnitude moi semellante a de 2007 tanto pola exposición desta a banca grega, a débeda da banca helena coa Europea situase en preto dos 250.000 millóns de Euros, como pola baixa na calificación dos bancos do continente o que dificultaría o seu financiamento” para continuar afirmando “este suceso repercutiría de xeito moi duro en Francia, Italia, España e Portugal que verían como os gastos de financiación da súa débeda subiría en preto de 80.000 millóns ao ano”.

O economista crítico, Vicent Navarro, nun recente artigo publico no xornal español “Público” apuntábase a esta mesma tese ao sinalar que “É interesante suliñar que o BCE, que, como dixen antes, e principalmente un lobby da banca, quería castigar ao estado Grego e expulsar a Syriza do goberno, pero non sacar a Grecia do Euro”, para de seguido afirmar que “Nas reunións do Eurogrupo o Sr. Mario Draghi, enfrontouse incluso ao Ministro alemán de Finanzas, o Sr. Wolfgang Schäuble, que non excluía sacar a Grecia do euro por un período de cinco anos. Draghi indicou que isto provocaría un grande desequilibrio, punto de vista compartido pero non enunciado pola Sra. Merkel, que tiña que equilibrar o seu desexo de estabilidade financeira coa demanda do seu partido e de amplos sectores da sociedade alemana de castigar a Grecia” Outro tanto escribiu no seu blogue o 16 de Xullo o economista grego e deputado de Syriza, Costas Lapavitsas, quen explica “Tense afirmando de xeito pertinaz nos últimos días que a ruta alternativa que suxiro ao goberno, en vez do novo memorando, é o mesmo que a proposta de Schäuble. Non é certo, aínda que os medios de comunicación dependentes de "fontes  gobernamentais" o afirmen, posto que Schäuble nunca formulou una alternativa de saída do euro.”

"Non hai dúbida algunha é que a proposta de Schäuble de saída temporal de Grecia do Euro non implicaba en ningún caso o abandono da eurozona"

As próximas semanas ou meses forneceranos máis información sobre o contido real das negociacións que permitiran ter un coñecemento máis preciso das mesmas e ,agardemos, posibiliten un coñecemento veraz das propostas que se formularon. Así e todo, do que non hai dúbida algunha é que a proposta de Schäuble de saída temporal de Grecia do Euro non implicaba en ningún caso o abandono da eurozona. Outra certeza proporciónaa o ex ministro grego de finanzas Yanis Varufakis,  cando indica que a súa proposta de emitir pagares para garantir a liquidez ao País, emitir pagares implica de facto operar fora do euro,  foi rexeitada pola maioría do executivo, o que evidencia que o Goberno de Tsipras en ningún caso matinou nunha proposta de ruptura. Tamén semella evidente, que nesta ocasión, como as máis das veces, o que se filtrou oficialmente a opinión pública eran opinións dirixidas para o consumo interno do electorado, un electorado alemán que demandaba contundencia con Grecia, un electorado Grego que esixía firmeza con Alemaña.

Comentarios