Alemaña estrea novo taboleiro electoral

Merkel afronta o seu cuarto mandato en minoría e obrigada a pactar con actores fiferentes á socialdemocracia, que após obter o seu peor resultado desde a IIGM anunciou que non estaría nunha coligazón coa CDU. Os liberais (FDP) retornan a unha Cámara onde a extrema dereita irrompe como terceira forza.

Angela Merkel
photo_camera Angela Merkel

Dun Bundestag (Cámara Baixa) con catro partidos a un con seis. Dun goberno CDU/SPD asentado nunha maioría máis que absoluta - 504 deputados de 630- a un futuro incerto para Merkel no seu cuarto mandato. O socio tradicional na Grosse Koalition, os socialdemócratas, tiveron os seus peores resultados desde a fin da II Guerra Mundial (menos do 21% dos votos) e Martin Schulz xa anunciou que de reeditar a coligazón coa CDU, nada de nada. Isto obriga Merkel mirar cara os liberais (FDP) e Os Verdes para tecer un goberno, unha tarefa que non será doada. Os liberais retornan ao Bundestag após desaparecer do mapa (engolidos pola CDU após gobernaren xuntas) e non están dispostos a cometer os mesmos erros.

A CDU e o seu aliado bávaro (CSU) lograron 32,8% dos votos e 238 escanos. Caen máis de 8 puntos e perden 73 deputados. Un golpe que afectou á plana maior da CDU, incluída a propia Merkel, que xa anunciou que ían traballar para recuperar o votos que os abandonou. Unha tarefa dirixida a sacar votantes ao AfD, Alternativa para Alemaña, a organización de extrema-dereita que irrompe na Cámara como terceira forza, con case 13% dos votos e 83 parlamentarios. Na noite electoral, varias manifestacións antifascistas decorreron en diferentes cidades alemás. É a primeira vez que na historia da Alemaña de despois da IIGM unha forza claramente de extrema-dereita chega ao Parlamento. Unha nova pica após lograr ter representación en 13 dos 16 parlamentos rexionais.

Como vai receber fundos federais como todos os partidos com assentos parlamentares, a AfD vai a partir de agora ser uma força permanente na política alemã

Os socialdemócratas lamben as feridas que eles mesmos levan anos a provocar. Volven perder apoios (caeron máis de 5 puntos) e ninguén sabe que pasará agora no seo do partido, para alén de que non reeditará a coligazón coa CDU e se dedicará a intentar liderar a oposición.

Die Linke (A Esquerda) aumenta en apoio, se ben minimamente (de 8,6% de hai catro anos a 9,2% de agora), o que se traduce en dous escanos máis, de 64 a 66.

Comentarios