Alemaña pide a creación dun rexistro de extremistas de esquerdas

Movementos sociais contrarios á globalización neoliberal e ás políticas impostas polo grande capital foron brutalmente reprimidos polo potente operativo policial, a pasada sexta feira en Hamburgo.

Protestas G20 Hamburgo
photo_camera Imaxe dos protestos contra o G20, Hamburgo

O cumio do G20 saldouse con centos de detencións e axentes feridos. A cimeira foi contestada nas rúas. Após das manifestacións que deixaron locais rotos, coches queimados e mobiliario público destruído, as autoridades alemáns esixen levar un control de extremistas de esquerdas en toda Europa.

Segundo dados da propia policía, producíronse un total de 143 detencións e 122 arrestos.

As e os axentes consideran que a principal dificultade para lograr que cumpran coas conseguintes sancións é que na súa maioría proceden de outros países. Daí que o ministro de xustiza alemán, Heiko Maas, pedise esta terza feira a creación dun rexistro europeo de extremistas de esquerdas, para, en última instancia, ter a posibilidade de vetar a entrada no país de elementos que se consideren como unha potencial ameaza.

Comentarios