Alemaña di non á proposta grega de prorrogar o rescate

Berlín tardou só unhas horas en desbotar a iniciativa de Atenas por non ser unha “solución substancial”. Varios membros da Comisión consideraban a proposta plantexada por Atenas como un paso positivo.

Ángela Merkel
photo_camera Ángela Merkel

Alemaña dixo non á proposta grega e tardou só unhas horas en facelo. O voceiro do Ministerio de Finanzas xermano, Martin Jaeger, despachou a iniciativa formulada por Atenas a través dunha carta do ministro Varufakis cun “non ofrecen unha solución substancial”. A maiores, o alemán criticou que a proposta de prorrogar o rescate non estaba en liña cos criterios do Eurogrupo. Berlín semella que non está disposta a ceder nin unha miga.

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem anunciaba nas redes sociais que Grecia pedía unha prórroga de seis meses no rescate (que oficialmente expira esta sexta feira). A portavoz da Comisión, Margaritis Schinas, consideraba que esta solicitude supoñía facilitar o camiño de cara á un compromiso “razoábel”. Mesmo Claude Juncker, presidente da Comisión, vía a proposta grega como “un signo positivo”. Porén, Berlín non se move da súa postura. Para Alemaña a proposta grega é un intento de obter un empréstito-ponte sen dar condicións de abondo.

O acordo incluía unha prórroga técnica do acordo que entrou en vigor en xaneiro de 2014, asinado polo goberno de Samaras coa Troika. A intención, tal e como explican diversos medios económicos, como Cinco Días, era que se asinase un novo acordo como unha emenda o contrato do empréstito que está a piques de expirar. O novo goberno tratará nel de emendar os ‘erros económicos’ do Memorando de Entendemento. Esta vía significaba para Atenas poder dicir que non estaba a pedir unha prórroga do rescate senón unha extensión do crédito en seus meses.

Cómpre lembrar que fican por transferir 1.800 millóns de euros do fondo de rescate, 16.000 millóns do FMI e 1.900 millóns de bancos centrais.

Comentarios