Alemaña dá un paso atrás e confínase en Semana Santa

Pechará hoteis, restaurantes, ximnasios e espazos culturais, así como comercios non esenciais.

policia alemaña tiroteo

A chanceler alemá, Angela Merkel, e os líderes rexionais acordaron impor un estrito encerro durante a Semana Santa co obxectivo de facer fronte á situación epidemiolóxica do país, cun aumento das infeccións.

O encerro que leva meses en vigor en Alemaña prolongarase até o 18 de abril - co peche de hoteis, restaurantes, ximnasios e espazos culturais, ademais de comercios non esenciais-, aínda que durante os 5 días de En Semana Santa as medidas endureceranse con restricións que até agora non e adoptaran.

A decisión tomouse despois de máis de once horas de negociacións a través dunha videochamada entre Merkel e os 16 primeiros ministros federais.

Ante o aumento das infeccións por Covid-19, do 1 ao 5 de abril inclusive, Alemaña entrará nun duro confinamento para frear esta terceira onda de coronavirus.

Todas as tendas estarán pechadas, agás as tendas de alimentación, que abrirán o 3 de abril. As reunións e xuntanzas privadas tamén estarán restrinxidas a un máximo de cinco persoas.

Merkel cualificou en rolda de prensa a situación en Alemaña como "moi grave", informa Die Welt, xa que "o número de casos está aumentando exponencialmente e as camas de coidados intensivos volven completarse".

As autoridades acordaron reunirse de novo o 12 de abril para decidir se se mantén a corentena parcial, que leva catro meses en vigor.

Comentarios