Alemaña confirmou esta terza feira o primeiro caso de contaxio do coronavirus nun cidadán europeo que non viaxou a China. O alemán, de 33 anos, infectouse após manter unha reunión cunha compañeira chinesa que visitaba o país, explicou a autoridade bávara, onde o cidadán está hospitalizado. Segundo AFP, as probas confirmaron o contaxio esta segunda feira pola noite.
Tamén se informaron doutros dous casos de contaxio entre humanos: un en Vietnam e o outro en Xapón.
Mentres tanto, China aumentou esta terza feira o número de mortes por coronavirus detectadas en Wuhan a 106. O número de novos casos tamén aumentou até os 1.300 e o último saldo indica a existencia de 4.000 persoas infectadas.