Alemaña: axustada vitoria dos socialdemócratas

A CDU colleita os peores resultados da súa historia. O novo Goberno, para cuxa formación o SPD colle vantaxe, sairá das negociacións a varias bandas.
Alemaña vota nas primeiras eleccións sen Merkel en 16 anos (Foto: Matthias Bein / Dpa-Zentralbild / Dp)
photo_camera Alemaña vota nas primeiras eleccións sen Merkel en 16 anos (Foto: Matthias Bein / Dpa-Zentralbild / Dp)

Os alemáns votaron este domingo para elixir a Cámara Baixa do Parlamento federal, o  Bundestag, que logo elixirá o chanceler que suceder Angela Merkel e que gobernará Alemaña nos vindeiros anos

Os socialdemócratas ( SPD) superaron por unha estreita marxe o centro dereita CDU/ CSU, o partido de Merkel, segundo resultados preliminares. O  SPD logrou o 25,7%, mentres o CDU/ CSU obtivo o 24,1%. Este foi o peor resultado na historia do CDU.

Coa lixeira vantaxe do  SPD, o seu líder  Olaf  Scholz dixo que o seu partido ten un claro mandato para gobernar, e que os votantes lle encomendarana tarefa de formar un "Goberno bo e pragmático para Alemaña".

O SPD terá 206 escanos (+53), a CDU cae a 151 (-39). Os Verdes son terceira forza, aumentando e  51 representantes, polo que terán 118, os Liberais(FDP), 92 (+12), a extrema dereita da AfD perde 11 e ten 81 e Die Linke fica en 39 após perder 30.

Agora empezará un período de negociacións para formar Goberno, e no que tamén metera baza a CDU, confiando en poder editar un tripartido cos liberais (FDP) e Os Verdes. Os mesmos socios que o SPD vai tentar levar ao seu rego para formar Goberno.

Nestas eleccións estaban convocados ás urnas 60,4 millóns de electores, sobre unha poboación total de 83,1 millóns. A participación foi do 78%, case dous puntos máis que nos comicios do 2017.

En canto ás outras dúas eleccións deste domingo, Os Verdes serían a forza máis votada nos comicios á Cámara de Deputados de Berlín (23,%, +7,3 puntos con respecto a 2016), seguidos do SPD (21,5%, é dicir, -1) e a CDU (15%, -2,6).

A Esquerda é a cuarta forza (14,5%, -1,1), AfD lograría 7% (-6,8) e o FDP quedaría con 7,5% (+0,8), segundo o estudo de Infratest-Dimap para ARD.

Nas eleccións ao Parlamento de Mecklemburgo-Pomerania Occidental a forza máis votada sería de novo o SPD (37%, +7 con respecto a 2016), seguido de AfD (18,5%, -2,3), CDU (14%, -5), A Esquerda (10%, -3,2), Os Verdes (7%, +2,2) e o FDP, que regresaría á Cámara con 6,5% (+3,5).

Comentarios