Caos no aeroporto de Kabul para saír do país tras o avance talibán

Aglomeracións, escapadas e caos no aeropuerto de Kabul para abandonar Afganistán despois de que os talibán irrumpesen este domingo na capital. Medios internacionais apuntan disparos e os primeiros falecidos entre carreiras por fuxir do país.
Mulleres afgás protestas ante a Casa Blanca tras a conquista talibán de Kabul (Foto: Sue Dorfman)
photo_camera Mulleres afgás protestas ante a Casa Blanca tras a conquista talibán de Kabul (Foto: Sue Dorfman).

O aeroporto internacional de Kabul suspendeu todos os voos comerciais ante a situación de caos que se viviu nas últimas horas na capital afgá, que derivou nunha presenza masiva de cidadáns que buscan unha vía de escape ante o avance talibán, a caída da capital e a saída do presidente del país, Ashraf Ghani.

Despois de horas de confusión, autoridades de aviación civil confirmaron que non sairá ningún voo comercial polo momento do Aeroporto Internacional Hamid Karzai ao tempo que instaron á cidadanía a evitar xerar multitudes.

A OTAN informou este domingo de traballos para garantir a seguridade do aeroporto, punto chave de evacuación para as delegacións e cidadáns estranxeiros que tentan abandonar o país.

Saída segura e ordenada

Forzas dos Estados Unidos (EUA) tamén se despregaron nas instalacións, no marco dun operativo no que participan 6.000 efectivos "para asegurar" o aeropuerto e "permitir a saída segura do personal estadounidense e aliado en Afganistán".

Máis de 60 países, entre estes, España, Estados Unidos e Reino Unido, así como o Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Josep Borrell, pediron esta segunda feira a todas as partes "que respecten e faciliten a saída segura e ordenada dos cidadáns estranxeiros e afgáns que desexen saír do país", após o progreso talibán.

As imaxes difundidas polos medios mostran por centos de persoas no aeródromo, de onde chegan informacións que apuntan posíbeis disparos e mesmo o falecemento de tres persoas na loita por saír do país, segundo The wall Street Journal, cinco, segundo Reuters.

 

A situación precipitouse tras a conquista de Kabul polos talibán, que supuxo a caída 'de facto' do actual Goberno e a fuxida do país do presidente, Ashraf  Ghani. Os insurxentes fixéronse co control da maioría do territorio en menos de dúas semanas.

Dous avións a Dubai

O Goberno do Estado anunciou o envío dous avións a Dubai para repatriar cidadáns no país mais tradutores afgáns, algo que tamén fixeron outros países como Alemaña, que completou esta segunda feira a fase inicial da evacuación coa chegada dos primeiros cidadáns a Doha, segundo fontes citadas pola axencia DPA.

A ministra de Defensa de Francia, Florence  Parly, informou igualmente do inicio dunha gran campaña de traslados, en vista de que hai varias "rotacións" entre Afganistán e Emiratos Árabes Unidos para axilizar a evacuación dos cidadáns galos.

Comentarios