A OMS advirte dun aumento de mortes evitábeis polo colapso da sanidade

O director xeral da OMS alerta dun perigo de aumento de mortes evitábeis por mor do colapso sanitario causado pola crise da COVID-19.
O director da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus (Imaxe: OMS)
photo_camera O director da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus (Imaxe: OMS)

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, advertiu que os colapsos no sistema sanitario debido á pandemia do coronavirus poden facer “aumentar drasticamente” as mortes de pacientes con outras enfermidades.

“A pandemia de COVID-19 está a exercer presión sobre os sistemas de saúde de moitos países. O rápido aumento da demanda de instalacións e profesionais sanitarios ameaza con deixar algúns sistemas de saúde sobrecargados e incapaces de funcionar eficazmente. Os brotes anteriores demostraron que cando os sistemas de saúde están colapsados, as mortes por enfermidades que se poden prever e tratar con vacinas aumentan drasticamente”, alertou en rolda de prensa onte.

Por iso insistiu en que, a pesar da crise, os servizos de saúde esenciais “deben continuar”.

Comentarios