Admiten a trámite a querela contra Artur Mas polo 9-N

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) vén de decidir admitir a trámite as querelas presentadas contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, a vicepresidenta, Joan Ortega e a conselleira Irene Rigau, acusad@s de desobediencia. 

Artur Mas
photo_camera Artur Mas

A sala penal e civil do TSJC decidiu admitir a trámite as querelas contra o presidente da Generalitat, Artur Mas ademais da vicepresidencia Joan Ortega e a conselleira Irene Rigau. Están acusa@s de delito de desobediencia e o tribunal continúa as investigacións por si se cometeran máis delitos. 

A decisión foi tomada por maioría e nela o TSJC aproba investigar “os feitos relativos á presunta desobediencia” á resolución do TC ademais daqueles outros que poidan estar relacionados. Son as que se toman en consideración das sete querelas e 25 denuncias presentadas, rexeitando outras dirixidas contra a presidenta do Parlamento ou outros conselleiros do goberno catalán. Segundo o xornal dixital Vilaweb aproba tamén o tribunal acumular as querelas e denuncias na máis antiga das presentadas que se corresponde coa defendida pola organización ultradereitista Manos Limpias. 

Comentarios