Sinalan a Coca-Cola e Pepsi como responsábeis do 'roubo' de terras a pobres e indíxenas

Grandes empresas transnacionais apropiáronse nesta década de 31 millóns de hectáreas, unha superficie que equivale a Italia. Unha terra que, denuncian ONGs, obtívose porque os propietarios (indíxenas) non puideron mantela o ser pobres.

 

coca cola
photo_camera coca cola

Coca-Cola e PepsiCo son sinaladas por Oxfam, ONG centrada no combate da fame, como dúas das corporacións transnacionais que están implicadas na 'apropiación' de terras de pobres e indíxenas. Segundo sinalan desde RT, un informe de Oxfam afirma que desde o 2000 até a actualidade, estas grandes empresas fixéronse con 31 millóns de hectáreas de terreo.

Obtiveron esta superficie, en grande medida, mediante a sinatura de 800 transaccións con inversores estranxeiros que non tiñan entre as súas prioridades a defensa dos dereitos dos e das propietarias da terra. Así, e segundo recolle RT citando aos responsábeis do informe, “as empresas moitas veces reciben terra sen pagar compensación para @s nativ@s e moitas veces recorren á violencia para aumentar as súas colleitas”.

'Sede de azucre'

En países como Camboia ou Brasil, as comunidades pobres están a perder os seus territorios e propiedades para dar paso a plantacións de azucre. "Mentres a nosa 'sede de azucre" ten activado a alarma entre os especialistas en saúde, que o comercio de azucre axude a aumentar os problemas de acumulación de terras e conflitos pasan desapercibidos", di o informe.

Un exemplo é o caso da comunidade de pescadores do estado de Pernambuco (Brasil), que loita para poder acceder a áreas agrícolas e zonas de pesca das que foi violentamente expulsadas para dar lugar dunha fábrica de azucre que traballa para a Coca-Cola e PepsiCo. Outro caso é o de Mato Grosso do Sur (Brasil), onde as plantacións de destrúen os bosques en que as comunidades indíxenas dependen para alimentos.

Comentarios