Acordo en Sardeña para introducir o sardo no sistema educativo da illa

Até agora non existía a opción de estudar nese idioma. A partires do acordo poderase facer mais só se os pais o piden de forma expresa.

sardeña

Os diferentes grupos políticos do Consello de Sardeña acadaron un acordo para introducir o ensino da lingua sarda nas escolas desta illa de millón e medio de habitantes e sob administración italiana. Porén a aprendizaxe do sardo -até agora inexistente no sistema educativo en Sardeña- será posíbel só se os pais do alumno o demandan de forma expresa.

O acordo entre as forzas políticas implica a modificación dunha lei de 1997 que non contemplaba a presenza do sardo no horario curricular. No acordo figura tamén unha obrigación dirixida ao goberno sarda para que promova a ‘estandarización’ do idioma sardo para a produción de textos escolares.

O Consello prevé destinar por volta de 3 millóns de euros suplementarios durante os vindeiros tres anos. Un dos déficits a cubrir será o dos docentes con capacidade para ensinar o idioma propio deste país.

Cómpre lembrar que nesta illa do Mediterráneo fálanse diversas linguas, alén do italiano e o sardo, como o catalán, o galurés ou sasarés.

Información tirada de Nationalia

Comentarios