A accesibilidade no Congreso irrita a Ana Vázquez

O comentario en Twitter da deputada ourensá do PP Ana Vázquez, onde afirmou "estar até os narices de escoitar que o Congreso non é accesíbel", provocou unha manchea de críticas na rede social. 
Ana Belén Vázquez (Imaxe: pp.es)
photo_camera Ana Belén Vázquez (Imaxe: pp.es)
As imaxes da investidura de Pedro Sánchez evidenciaron as barreiras arquitectónicas do Congreso español. O deputado Pablo Echenique (UP), que emprega unha cadeira de rodas, tivo que seguir o pleno ante o atril, fóra da zona de bancadas por non estaren adaptadas. A deputada ourensá do PP Ana Vázquez asegurou en Twitter estar "até os narices" de ouvir que o Congreso non é accesíbel, e reivindicou que no pasado houbo deputados do PP en cadeira de rodas que "non elixiron estar en primeira fila". A deputada recibiu gran número de críticas na rede. 

Comentarios