A abstención manda na segunda volta das eleccións francesas

A participación electoral en Francia segue en mínimos. Malia que os avances ofrecidos polo Goberno francés sinalan unha alza en relación coas anteriores lexislativas, como consecuencia dun escenario máis aberto, a votación marca 38,11%.

Emmanuel Macron, este domingo, celebrando en París a súa vitoria fronte a Le Pen. (Foto: Thomas Coex / AFP / DPA)
photo_camera A Emmanuel Macron, benefíciao a alta abstención este domingo. (Foto: Thomas Coex / AFP / DPA)

A crise de lexitimidade do réxime francés vólvese a evidencias nestes comicios. Segundo os datos ofrecidos polo Goberno francés, a abstención continúa por riba de 55% e só cinco puntos por arriba das pasadas eleccións. A mocidade e as clases populares mantéñense como os sectores que menos votan.

Os datos veñen confirmar a tendencia a unha abstención crecente en Francia elección tras elección. En 2012, a participación na segunda volta das lexislativas foi , as 17.00 horas , de 46,42%, unha cifra que cinco anos antes se elevou a 49,58 %.

Unha abstención moi alta

A semana pasada, a primeira volta das lexislativas fechouse cunha abstención récord do 52,49%. Segundo as primeiras proxeccións do instituto Ifop, a cifra podería aumentar agora até o 54%. Unha cifra alta e que ratifica o desencanto xeneralizado ante as urnas, pero que non superaría á forte abstención das parlamentarias de 2017, cando chegou a 57,36 %.

Os adiantos de participación semellan favorecer a Emmanuel Macron. Precisamente, os grupos máis abstencionistas, mocidade e sectores populares, son aqueles que tentou mobilizar Mélenchon durante esta última semana para conseguir a maioría na asemblea.

Unha maior participación, segundo os institutos de sondaxe, beneficiaría aos partidos da esquerda, cuxo éxito depende fortemente do voto da mocidade e das clases populares. Precisamente, na primeira volta do pasado domingo 75% dos menores de 25 anos non pasaron polas urnas.

O voto non republicano non operou

A esquerda non se beneficiou desta volta do denominado voto republicano, polo que as forzas democráticas se apoian fronte aos candidatos da extrema dereita. Tal como era coñecido, os partidos da dereita democrática renunciaron a apoiar aos candidatos de Francia Insubmisa fronte aos da formación de Marine Le Pen.

O resultado final non será coñecido até ben entrada a media noite. Até agora, só son definitivos os datos das colonias de Guíana, Guadalupe e Martinica, onde coalición liderada por Mélenchon acadou oito de nove representantes.

Os resultados da Polinesia certifican un empate entre a o partido do Goberno e as forzas de esquerda. Sexa como for, fican por asignar máis de 500 deputados, coa extrema dereita colocada en terceira posición e coa seguridade de contar por primeira vez dun grupo parlamentario propio.

Comentarios