A abstención da CUP impide que Turull se apresente ante Llarena como president da Generalitat

Non haberá comparecencia esta sexta feira do president da Generalitat perante o xuíz Llarena. Jordi Turull non disporá hoxe dos votos precisos para saír eleito titular do Govern catalá. A súa candidatura non conseguiu o apoio da CUP. Turull aparecerá perante o maxistrado do Supremo como un parlamentar máis. Llarena podería mesmo envialo a prisión.

cup
photo_camera Os 4 parlamentares da CUP

Os catro votos da CUP non investirán esta tarde president Jordi Turull. Así o decidiu o Consello Nacional cupaire, nunha reunión extraordinaria, concluída poucos minutos antes de dar comezo o pleno en que apresentará a súa candidatura o ex conseller da Presidencia. Non será investido porque os apoios de JxCat e ERC non suman maioría absoluta, limiar exixido para ser investido en primeira volta.

A decisión da CUP impide, por tanto, que cristalice a estratexia do bloco JxCat-ERC, sendo que as e os soberanistas planificaron a investidura nas vésperas da comparencia de Turull perante o xuíz do Supremo Pablo Llarena co propósito de fabricar a poderosa imaxe dun president da Generalitat submetido a procesamento por parte do Estado español.

CUP argumenta que Turull -ou sexa, ERC e JxCat- non garante un programa rupturista e de construción da República catalá, senón que a súa elección como president envolvería unha deriva autonomista do procés.

NOTICIA EN AMPLIACIÓN

Comentarios