A maldición de Bin Laden? Dos 25 navy seals que participaron no operativo para matar o saudí só fican 2 con vida

Un total de 25 soldados das forzas especiais de operacións de EEUU tomaron parte o 2 de maio de 2011 na Operación Xerónimo, na cal se asasinou a Bin Laden. Hoxe en día só 2 deses soldados seguen vivos. E un deles case na mendicidade

Navy Seals
photo_camera Navy Seals

A 'Operación Xerónimo' tivo un desenlace deses que gostan aos guionistas dos filmes esas películas de factura EEUU que manteñen o fervor patriótico-militar nos USA: Helicópteros voando de noite cara o obxectivo, e 25 membros dos Navy Seals, tropas de elite, abríndose paso a tiros e granadas de man até chegar á habitación onde se atopaba Bin Laden. Munición a eito para asasinar a Laden e que tamén levou por diante a un dos seus fillos, a unha muller e a outros dous homes.

Pois ben, menos de dous anos após esa operación, deses 25 'heroes' tan só 2 fican con vida. O último en falecer foi Brett D. Shadle, nun accidente fortuíto co seu paracaídas, segundo informa o xornal italiano 'Corriere della Sera. 23 mortos en menos de dous anos. A maldición de 'Bin Laden'?

De crer nela, a maldición comezou axiña, só tres meses após o asasinato do saudí. En agosto de 2011, un helicóptero da OTAN estrélase durante unha operación en Afganistán. Morren 38 soldados, 22 deles SEALs que participaran na Operación Xerónimo. Os talibáns atribuíronse o ataque contra o helicóptero. O goberno de EEUU nin confirmou nin desmentiu que entre os falecidos estivesen os soldados que tomaron parte no operativo para matar ao seu inimigo número 1.

E así acaban os heroes

Un dos soldados que fican vivos, e que foi o encargado de dar o tiro de graza a Laden, deixou en setembro pasado o exército após 16 anos de servizo. Non ten traballo, nin seguro médico público e non sabia quen lle ía pagar a pensión.

Comentarios