EUROPA

O conservador ND gaña unhas eleccións nas que Esquerda Radical foi segunda forza

Co 95% do voto escrutado, a coalición até o de agora gobernante (Nova Democracia e Pasok) non terían o respaldo suficiente para reeditar o pacto e levar adiante o plan de novo rescate para Grecia que impulsan FMI e UE.

A crise non leva por diante só gobernos, senón mesmo a representatividade tradicional dun páís.É o que vén de acontecer en Grecia, onde o bipartidismo conservadores/socialdemócratas imperante desde a restauración democrática do 1974, voou polos ares. O noutrora poderoso Pasok (socialdemócrata) caeu até a terceira posición, atinxindo 41 deputados e sendo superado non só polos gañadores (Nova Democracia, conservadores, con 109 escanos) senón tamén pola Coalición de Esquerda Radical Syriza, que con 48  deputados é a segunda forza prlamentaria de Grecia.

Gregos Independentes, con 30 deputados, e Aurora Dourada (en torno a 20) representan as formacións máis á dereita no novo hemiciclo heleno, sobre todo a segunda delas, de crácter filonazi e relacionada con agresións a inmigrantes, homosexuais e persoas de esquerda.Mais non fica aí a listaxe de fornacións que integran o parlamento grego. O Partido Comunista (KKE) atinxiu 26 deputados e Esquerda Parlamentaria, 19. Xa que logo, aquelas formacións de esquerdas (deixando de lado ao Pasok), sumarían perto do cento de deputados.A abstención rondou o 38%, sendo sinalada por moitos como a verdadeira vencedora das eleccións.

Comentarios