A Casa Branca repite o mesmo discurso en cada matanza sen controlar o mercado das armas

Obama, Bush e Clinton. Tres presidentes e o mesmo discurso despois de matanzas multitudinarias mais ningunha medida de control e limitación do mercado de armas, cada vez máis libre. O cineasta Michael Moore -autor de Bowling for Columbine- ven de pendurar na súa conta de twitter unha montaxe con fragmentos das intervencións dos tres dirixentes americanos.
moore
photo_camera moore

O episodio repítese despois de cada matanza en Estados Unidos. O presidente fala desde a Casa Blanca e lamenta con emoción a traxedia. O discurso é sempre o mesmo, con fragmentos que semellan mesmo repetidos desde os gabinetes de comunicación dos tres presidentes. 

O cineasta Michael Moore, autor do documental Bowling for Columbine que destapou moitos dos secretos do imperio americano, ven de pendurar na súa conta de twitter unha montxe na que Obama, Bush e Clinton repiten a mesma fórmula despois de distintos ataques multitudinarios feitos con armas por cidadás que teñen acceso sen ningún control a súa compra e uso. Recollemos a  montaxe-denuncia de Moore, documento arredor do mercado de armamento que se pon sobre a mesa cada vez que en Estados Unidos hai un acontecemento como o recente de Connecticut. 

Abril de 1999, intervención de Clinton; abril de 2007, declaracións de Bush, decembro de 2012, parlamento de Obama. O vídeo de Moore denuncia o poder do mercado das armas diante dos gobernos americanos. 

Comentarios